MODELADO CON CHURROS
Churro, adujada, colombín, rolo, cilindro todas estas palabras fan referencia á mesma técnica cerámica, neste vídeo vémolo en profundidade.
Imprescindible saber.
Amasamos unha bola de barro para eliminar as zonas que teñan aire, xa que cando se meten no forno romperíanse.
Podes facer varias bolas e asi asegurar que todos os churros teñan as mesmas caracteristias, ou estirar axudandote dun rolo e dividir para traballar os cilindros sobre todo ahora de comezar.
Dende aquí colocamos o churro por riba do perímetro da base que fixemos e cos dedos unimos. Despois o seguinte churro.
Podemos, entón, comezar a alisar os dous churros cos dedos e co instrumento duro, tanto por fóra como por dentro. Etcétera. A arxila ten tendencia a abrirse cando a manipulamos. Coas dúas mans por fóra presionamos para que teña máis consistencia.
No caso de que queiramos pechar ou abrir o volumen da peza, colocamos o churro dentro do perímetro creado. No caso contrario, cara a fóra, aínda que ao traballar o barro sempre terá tendencia a abrirse.
Cando conseguimos a altura e a anchura desexadas, comezamos a pasar o instrumento recto para fóra para subir o exceso de barro e alisar.
Reservamos uns 15 minutos e despois pasamos unha esponxa húmida para que coincida coa peza.