OBRADOIRO DE
CÉRAMICA
DECORA A TÚA CIDADE
ESTE NADAL
Participa nos nosos obradoiros e forma parte dunha iniciativa única: confeccionar adornos de Nadal en cerámica para decorar a cidade e crear, entre todos, unha exposición colectiva chea de maxia e espírito comunitario.
Son de balde e para todos os públicos, a partir 5 ata 100 anos. Os menores de 8 anos deberán asistir acompañad@s dun adulto.
Ademais, esta é unha oportunidade perfecta para iniciarte no mundo da cerámica, explorar a túa creatividade ou coñecer como funcionan os nosos proxectos e actividades.
As prazas son limitadas.
Prazas por Formulario:
- Podes reservar un máximo de 4 prazas por formulario de inscrición.
- Os menores de 8 anos deben ir acompañados dun adulto (máximo de 3 menores por adulto).
- Se a inscrición é para máis persoas, deberás cubrir outro formulario.
Reserva e Confirmación (IMPORTANTE):
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición e non se consideran reservadas ata que recibas a nosa confirmación por resposta.Instrución: Mesmo despois de cubrir o formulario, nós debemos contestarche para formalizar a reserva.
Prazas Remanentes:
No caso de que queden prazas dispoñibles sen cubrir, estas poderán ser ocupadas o mesmo día da actividade in situ, ata completar o aforo máximo permitido.Venres 5 de Decembro
Casa Azul, Sor Lucía n2 Baixo - Sala Gafos
1º Sesión - 16.30h a 18.00h | 2º Sesión - 18.30h a 20.00h
1º Sesión - 16.30h a 18.00h | 2º Sesión - 18.30h a 20.00h
Sábado 6 de Decembro
Rúa Serra, 5 - Mecado Municipal - Primer Andar.
1º Sesión - 16.30h a 18.00h | 2º Sesión - 18.30h a 20.00h
1º Sesión - 16.30h a 18.00h | 2º Sesión - 18.30h a 20.00h